lunes, 26 de mayo de 2014

O JÚNIOR FEMININO "A" DO SEIS DO NADAL 3º CLASIFICADO DA LIGA PRIMEIRA DIVISIÓN JÚNIOR FEMININA

(O Júnior Feminino "A" do Seis do Nadal na presente tempada 2013/14)

.

JÚNIOR FEMININO "A"

.

3º CLASIFICADO 1ª DIVISIÓN

.

O Júnior Feminino "A", Autoescuela Coya Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Fidel Del Campo, María Henar e Pablo Sánchez, rematou a presente tempada 2013/14 na terceira posición da Primeira División Júnior Feminina da Federación Galega de Baloncesto, ás portas da clasificación para o Campionato de España.

.

O Autoescuela Coya Seis do Nadal Coia rematou na terceira posición cun balance de quince vitorias conseguidas e sete derrotas encaixadas nos vinte e dous partidos disputados. A terceira posición garantiza a praza na Primeira División Júnior Feminina da próxima tempada 2014/2015.

.

(Clasificación final da Liga 1ª División Júnior Feminina 2013/2014)