(O equipo Benxamín Masculino "B" no Torneo Básquet na Rúa 2014)
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou un ano máis no VII Torneo Benxamín Básquet na Rúa organizado polo Porriño Baloncesto Base e que tivo lugar o pasado día sábado 17 de maio do 2014, Día das Letras Galegas.
.
O conxunto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participou no VII Torneo Benxamín Básquet na Rúa foi o Benxamín Masculino "B", Golosinas Meloso Seis do Nadal "B", adestrado e dirixido por David Augusto.
.
Ademais do equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, tamén participaron os equipos masculino e feminino do Porriño Baloncesto Base, Salesianos Vigo, CB Redondela, o equipo da Liga Escolar PBB, Peixefresco Marín, Defensores Morrazo e Salesianos Ourense.
.
.
(Máis fotos do Benxamín Masculino "B" durante o Torneo Básquet na Rúa)







