miércoles, 7 de mayo de 2014

A FUNDACIÓN VIGO EN DEPORTE (VIDE) E MOVISA PROMOVEN UN SORTEO DUN CICLOMOTOR PIAGGIO

.

Desde o programa Siareiros, e grazas á estreita colaboración da empresa Movisa, a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) poñe a disposición das entidades deportivas do Concello de Vigo un total de 20.000 boletos para o sorteo dun ciclomotor Piaggio Zip 50 2T.

.

Deste xeito, Manel Fernández, presidente da Fundación VIDE e Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, segue tratando de contribuír positivamente na economía dos clubs de Vigo axudándoos a recadar fondos para a súa maior solvencia..

 

O sorteo do ciclomotor terá lugar o vindeiro 27 de xuño do 2014 na pista central do Pavillón Municipal de As Travesas e estará aberto a tódolos interesados que queiran asistir..

 

Tódolos interesados/as do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia en conseguir un boleto para o sorteo do ciclomotor poden chamar aos teléfonos 627516980 e 680507750 ou a través do email directiva@seisdonadalcoia.com.