lunes, 28 de abril de 2014

"O SEIS DO NADAL TIRA ABAIXO AS PORTAS DA LIGA EBA", REPORTAXE DO EQUIPO SÉNIOR NO FARO DE VIGO

.

"O Seis do Nadal Coia tira abaixo as portas da Liga EBA. O equipo de Coia asegura en Lugo o ascenso, a directiva deberá estudar a súa viabilidade."

.

Hoxe, luns día 28 de abril do 2014, o diario Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o último partido disputado polo equipo Sénior Masculino de Primeira División Masc. do Club Baloncesto Seis do Nadal, partido que se converteu nunha nova vitoria ante o Estudiantes de Lugo a cal lle asegura o ascenso á Liga EBA.

 

"O triunfo vigués na casa do Estudiantes de Lugo e a derrota do Noia ante A Estrada garantízalle ao Seis do Nadal Coia a segunda praza. Agora pelexará polo título. Para conquistalo debe gañar ao Noia o próximo sábado en Navia (20:00 horas) e agardar unha derrota do Básquet Coruña ante Esudiantes".

.

Estas liñas e a reportaxe completa pode consultarse pulsando na imaxe desta noticia das páxinas do Faro de Vigo.