.
As Seleccións Galegas de categoría infantil participaron desde o pasado día 16 de abril no Campionato de España Infantil 2014 que se celebrou en Zaragoza onde os combinados galegos recolleron a mellor das experiencias deportivas nestas idades.
.
Entre os vintecatro xogadores e xogadoras que formaronn parte da expedición galega estivo presente Nerea Arambarri, xogadora do Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal adestrada por Alicia Álvarez e Pablo De Benito.
.
(Nerea Arambarri coa Selección Galega Infantil Feminina en Zaragoza)
A Selección Galega Infantil Feminina, con Nerea Arambarri nas súas filas, conseguiu salvar a súa praza no Grupo Especial do Campionato e alcanzar o oitavo posto na clasificación.