viernes, 11 de abril de 2014

JORGE LAMPÓN E LUCÍA FONTELA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS MINI 2014

.

As Seleccións Galegas de Minibásquet partiron na noite do xoves desde Santiago de Compostela con dirección San Fernando (Cádiz) para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibásquet 2014.

.

Entre os vintecatro xogadores e xogadoras que forman parte da expedición galega atópanse Jorge Lampón e Lucía Fontela, os dous xogadores dos combinados Alevíns "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e que foron elixidos polos seleccionadores para fomar parte das dúas Seleccións Galegas que disputarán o Campionato.

 

O sábado día 12 de abril do 2014 comeza a competición no Campionato de España de San Fernando. Lucía Fontela, xogadora do Alevín Feminino "A" do club e adestrada por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, disputará os seus dous primeiros partidos do campionato coa Selección Galega. Será ás 11:30 horas ante Aragón na primeira xornada, e ás 19:30 horas ante Canarias na segunda das xornadas.

 

A Selección Galega de Minibásquet de categoría masculina, da que forma parte Jorge Lampón, xogador do equipo Alevín Masculino "A" e dirixido por David Rodríguez, non xogará ningún partido no primeiro día do campionato.