viernes, 25 de abril de 2014

"FUTURO SOSTIBLE", REPORTAXE NO FARO DE VIGO DO SÉNIOR MASCULINO DO SEIS DO NADAL - COIA

.

"Futuro sostible. O Seis do Nadal aspira ao ascenso a Liga EBA aínda que concede prioridade á canteira."

.

Hoxe, venres día 25 de abril do 2014, o diario Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o equipo Sénior Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que milita na Liga Primeira División Masculina na presente tempada 2013/2014.

 

"O Seis do Nadal trazouse un camiño sen atallos, paciente no seu itinerario. O equipo sénior acaricia o ascenso á Liga EBA, que podería ter que aprazar por cuestións financieiras. Pero é a canteira o que augura un futuro sostible do club. Estas liñas e a reportaxe completa pode consultarse pulsando na imaxe desta noticia das páxinas do Faro de Vigo.