martes, 8 de abril de 2014

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA OS TORNEOS CADETE E INFANTIL DE SEMANA SANTA DO SEIS DO NADAL

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará este curso 2013/2014 a Sétima Edición do Torneo Internacional Cadete 2014 e a Sexta Edición do Torneo Internacional Infantil 2014. Despois do gran éxito e acollida das edicións anteriores, repetirase esta iniciativa os días 18, 19 e 20 de abril do 2014.

.

Nos últimos días das vacacións de Semana Santa, o 18, 19 e 20 de abril do 2014, as instalacións e pistas dos Pavillóns Municipais de Navia e Bouzas, reunirán a un total de 27 equipos de categoría cadete con máis de 400 deportistas e 40 técnicos.

.

Os Torneos Internacionais de Semana Santa contarán con tres categorías diferentes. O venres día 18 de abril disputarase o torneo de categoría Masculina Serie Autoescuela Coya, o sábado día 19 será o turno da categoría Feminina Serie Decomar, e clausurará o torneo a categoría Masculina Serie Golosinas Meloso o domingo día 20 de abril.

.

No torneo de categoría cadete participarán os equipos do club anfitrión Seis do Nadal - Coia (Vigo), os combinados galegos do BBC (Vilagarcía Arousa), Marín Peixegalego (Marín), Básquet Coruña (A Coruña), Eduardo Blanco Amor (Ourense), CB Baiona (Baiona), CB Noia (Noia), Ensino Lugo (Lugo), AD Cortegada (Vilagarcía Arousa), Xuven (Cambados), Compañía de María (Santiago de Compostela), AD Bosco (Ourense); o equipo portugués do Guifoes SC (Matosinhos); o equipo de Castela e León, o Agustinos León (León); e o equipo de Asturias, o Baloncesto Vegadeo (Vegadeo).

 

En categoría infantil participarán os combinados do club anfitrión Seis do Nadal - Coia (Vigo), os equipos galegos do CB O Grove (O Grove), Eduardo Blanco Amor (Ourense), BBC (Vilagarcía), AD Bosco (Ourense), Marín Peixegalego (Marín); e o equipo luso do Guifoes SC (Matosinhos).

.

Os equipos masculinos do Maristas CB (Valladolid) e Grupo Basquet Leça así como o combinado feminino do CPN Basquetebol, vencedores do Torneo Cadete de Semana Santa da tempada pasada, terán neste novo ano tres sucesores que defenderán o título de campións do 7º Torneo Internacional Cadete 2014. Do mesmo xeito os equipos masculinos de Compañía de María (Santiago de Compostela) e Seis do Nadal Coia así como o conxunto feminino do CPN Basquetebol, campións do Torneo Infantil da campaña pasada terán tres novos sucesores esta tempada.