.
A Asociación Cultural Pedraseixa de Navia ograniza unhas Xornadas Sobre o Deporte os próximos xoves 3 e 10 de abril do 2014 na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (Rúa Poza Cabalo s/n - Navia).
.
As dúas xornadas que se levarán a cabo a partir das 19:30 horas e que estarán dirixidas por Armando Álvarez, xornalista e redactor de deportes do Faro de Vigo, terán como temas a tratar: "Da Base á Elite" e "Deporte Base como Educación".
Na segunda xornada que se celebrará o xoves día 10 de abril do 2014 a partir das 19:30 horas participarán Francisca García "Chuca", membro da Xunta Directiva e adestradora do Club Baloncesto Seis do Nadal; e Antón Piñeiro, Presidente e adestrador do Club Balonmán Seis do Nadal - Coia.