jueves, 6 de marzo de 2014

DEPORTISTAS DO CLUB COS CONXUNTOS GALEGOS EN TORNEOS AMIGABLES DE PREPARACIÓN

(Nerea Arambarri coa Preselección Galega no torneo en Madrid)

.

As Preseleccións Galegas Infantís competiron a pasada fin de semana, sábado 1 e domingo 2 de marzo, en Madrid en sendos torneos amigables, no que foi unha boa proba de nivel e esforzo de cara a súa futura presencia no Campionato de España da categoría marcado para abril.

.

A Preselección Galegas Infantil Feminina contou nas súas filas con Nerea Arambarri, xogadora do Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrada por Alicia Álvarez e Pablo De Benito. O combinado galego enfrontouse no torneo aos conxuntos de Castela León, Euskadi y Madrid.

.

(Lucía Fontela co combinado galego no Torneo de Seleccións de Ribadeo)

.

Os dous polideportivos municipais de Ribadeo acolleron esta fin de semana, sábado día 1 e día domingo 2 de marzo do 2014, o Primeiro Torneo de Seleccións de Minibásquet, en categoría masculina e feminina, organizado pola Federación Galega de Baloncesto e no que participaron as seleccións de Castela e León, Euskadi, Madrid e as Preseleccións Galegas.

.

A Preselección Galega Mini Feminina contou para este torneo con Lucía Fontela, xogadora do Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrada e dirixida por Aalí Mohamed e Silvia Caíño. Jorge Lampón, xogador do Alevín Masculino "A" do club e dirixido por David Rodríguez, foi convocado para participar coa Preselección Galega Mini Masculina.

.

(Jorge Lampón xogou en Ribadeo coa Preselección Galega)