(Tódolos participantes nas novas edicións das Ligas Linco 2014)
.
(Imaxes da xornada de presentación das Ligas LINCO Linorsa 2014)
.
As Ligas Linco Linorsa regresan unha tempada máis ás pistas de Balaídos e Navia, pista esta última que foi a protagonista da posta en marcha, o pasado venres día 31 de xaneiro do 2014, destas competicións interescolares organizadas un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
Os 21 equipos inscritos que xogarán nas dúas Ligas Internas de Colexios se deron cita no polideportivo de Navia para dar o pistoletazo de saída das competicións. Na 12ª Liga Interna de Colexios, dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos, participarán sete equipos benxamíns e oito equipos alevíns; participando seis combinados na 5ª Linco Linorsa XL, dirixida a rapaces e rapazas infantís e cadetes de 13 a 16 anos.
.
Con máis de 200 xogadores e xogadoras procedentes das diferentes escolas deportivas organizadas e dirixidas polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia (CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEIP Javier Sensat, CEIP Pintor Laxeiro, CEP Doutor Fléming e CEP C. Emilio Ferreiro; as tres escolas deportivas municipais de Berbés, Navia e Balaídos; e a escola convidade do CEIP Carrasqueira), as Ligas Linco vivirán nesta tempada dúas novas edicións cun alto nivel de participación.
.
.
(Máis imaxes da xornada de presentación das Ligas LINCO Linorsa 2014)
Esta xornada inicial de presentación tamén reuniu ao grupo de árbitros e oficiais de mesa das Ligas Linco, grupo formado por
preto de 20 xogadores e xogadoras integrantes dos equipos federados de categoría infantil, cadete e júnior do Seis do Nadal - Coia que aproveitarán as competicións interescolares para formarse como árbitros de baloncesto.
.
(Concepción Martíns, presidenta do Seis do Nadal, botando o salto inicial)
.
A partir do próximo venres día 7 de febreiro dará comezo a competición oficial das Ligas Internas de Colexios. A primeira xornada da 12ª Liga Linco 2014 terá lugar no pavillón de Navia desde as 16:15 e ata as 18:00 horas, sendo a celebración dos primeiros partidos oficiais da 5ª Liga Linco XL no polideportivo de Balaídos de 18:00 a 19:00 horas.
Máis fotos da Presentación das Ligas Linco Linorsa 2014 pulsando aquí