O C.B. SEIS DO NADAL PARTICIPARÁ NO IX TORNEO INTERNACIONAL SUB14 DE ENTROIDO DO GD GAFANHA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará un ano máis no IX Torneo Internacional "Cidade Gafanha de Nazaré" de Sub14 Masculino e Feminino que se celebrará os próximos días 1 e 2 de marzo do 2014 no Pavillón de Gafanha de Nazaré (Portugal).

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, único club que participou en tódalas edicións do torneo, participará co equipo Infantil Masculino "A", dirixido por Sergio González, Óscar García e Borja Martínez, e co combinado Infantil Feminino "A", adestrado e dirixido por Alicia Álvarez e Pablo De Benito.

.

Xunto aos nosos conxuntos infantís participarán en categoría masculina o Grupo Desp. Gafanha, SC Beiramar (Aveiro), GD Basquet Leça (Leça de Palmeira), SC Braga e SC Vasco da Gama (Porto); e en categoría feminina os combinados do GDB Gafanha, C. Galitos (Aveiro), GD Basquet Leça (Leça de Palmeira), SC Braga e SC Combrões (Vila Nova de Gaia).

.

Os horarios de xogo dos partidos que disputarán os nosos combinados no IX Torneo Internacional "Cidade da Gafanha de Nazaré" de Sub14 Masculino e Feminino son os seguintes:

.

.