A Federación Galega de Baloncesto promove a celebración da "II Xornada de Harmonización do Minibáquet Galego". Avalada polo gran éxito da súa primeira edición celebrada na pasada tempada, no presente curso 2013/2014 se celebrará a segunda xornada o próximo domingo día 23 de febreiro do 2014 no Colexio Salesianos (Ourense).
.
O obxectivo de aunar a tódolos activos do actual minibásquet galego en pro do fomento dun modelo propio de traballo segue a ser o motivo principal desta segunda convocatoria.
O Programa de Tecnificación da Federacaión Galega de Baloncesto fará escala nesta "II Xornada de Harmonización" coa materialización de diferentes Centros de Tecnificación para xogadores e xogadoras nados nos anos 2003, 2004 e 2005. Máis dunha centena de xogadoares e xogadoras destas idades están citados, baixo convocatoria previa, a formar parte deste conxunto de Cetis.
Nove deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participarán nesta Xornada de Harmonización do Minibásquet Galego: no Ceti 2005 participarán Pablo Tresandí, xogador do Benxamín Masculino "A", e Marta Vázquez, xogadora do Benxamín Feminino; no Ceti 2004 foron convocados Yimer Failde, Alejandro Sirvent e Mateo Rodríguez, xogadores do Benxamín Masculino "A"; e no Ceti 2003 foron convocados Íñigo de Torres e Jorge Montero, do Alevín Masculino "B", e Esther Gil e Noa Comesaña, do Alevín Feminino "A".