miércoles, 26 de febrero de 2014

DOUS DEPORTISTAS DO CLUB COAS PRESELECCIÓNS GALEGAS NO TORNEO DE SELECCIÓNS MINI

.

Os dous polideportivos municipais de Ribadeo acollerán esta fin de semana, sábado día 1 e día domingo 2 de marzo do 2014, o Primeiro Torneo de Seleccións de Minibásquet, en categoría masculina e feminina, organizado pola Federación Galega de Baloncesto e no que participarán as seleccións de Castela e León, Euskadi, Madrid e as Preseleccións Galegas.

.

A Preselección Galega Mini Feminina contará para este torneo con Lucía Fontela, xogadora do Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrada e dirixida por Aalí Mohamed e Silvia Caíño. Jorge Lampón, xogador do Alevín Masculino "A" do club e dirixido por David Rodríguez, foi convocado para participar coa Preselección Galega Mini Masculina.