martes, 28 de enero de 2014

5ª LIGA INTERNA DE COLEXIOS XL 2014 LIGA LINCO LINORSA XL 2014

.

O pasado curso escolar 2012/13 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, co apoio do Instituto Municipal dos Deportes e Linorsa, organizou a Cuarta Edición da Liga Interna de Colexios LINCO - Linorsa XL que tivo lugar nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos cada dous venres de 18:00 a 19:00 horas, desde febreiro ata maio, na que se disputaron máis de 50 encontros.

.

Esta tempada 2013/14 organizará a Quinta Edición da Liga LINCO - LINORSA XL 2014 na que participarán tres Escolas Deportivas. A Escola Deportiva Municipal de Balaídos, a Escola Municipal de Navia e o centro educativo CEIP Seis do Nadal, serán as tres Escolas que participarán na competición escolar dirixida a rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos.

.

Esta iniciativa deportiva xurdiu co obxectivo de ofrecerlle unha experiencia competitiva a tódolos rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos que militan nas Escolas Deportivas organizadas e adestradas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e coa idea clara de converterse nunha continuación da Liga LINCO de minibásquet.

.

A Liga LINCO - Linorsa XL 2014 conta, ao igual que a 12ª Liga LINCO - Linorsa 2014, coa colaboración e respaldo constante de Linorsa, Displave e Larsa; e tamén conta co reforzo e apoio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e a Federación Galega de Baloncesto.

.

A Presentación Oficial da 5ª Liga LINCO - Linorsa XL 2014 terá lugar o próximo venres 31 de xaneiro do 2014 a partir das 16:15 horas no Pavillón Municipal de Navia, nun acto onde se presentarán ás Escolas Deportivas participantes no que será o pistoletazo de saída desta competición escolar de categoría infantil e cadete.