.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nestas presentes vacacións de Nadal a 11ª Edición do Campus de Inverno 2013 "Xornadas de Tecnificación". Despois dos éxitos das pasadas edicións do campus a entidade volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico.
.
O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación.
.
A Undécima Edición do Campus de Inverno 2013 se celebrará nas instalacións do Colexio Seis do Nadal os próximos días 23, 24, 26 e 27 de decembro do 2013 entre as 10:30 horas e as 13:30 horas.
.
Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas dos equipos federados e das escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2006) ata júnior (nados no ano 1996).
.
O prezo deste campus é de 30 euros para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, e de 45 euros para deportistas doutros clubs ou entidades.
.
As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación 2013 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do 20 de decembro do 2013 ao mail areadeportiva@seisdonadalcoia.com ou ao fax 986227275.
.
Xa se pode descargar a folla de inscrición do 11º Campus de Inverno 2013 "Xornadas de Tecnificación" pulsando na imaxe.
.