domingo, 29 de diciembre de 2013

O C.BC. SEIS DO NADAL PRESENTE NA PRIMEIRA CONCENTRACIÓN DAS PRESELECCIÓNS GALEGAS DE MINI

(Os catro deportistas alevíns convocados coas preseleccións galegas)

.

As dúas Preseleccións Galegas de Minibásquet Masculina e Feminina estreáronse na presente tempada 2013/2014 os pasados días 21 e 22 de decembro despois da celebración da I Xuntanza de Seleccións de Minibásquet.

.

A primeira concentración das dúas preseleccións contou con presenza de xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Coa preselección masculina estivo convocado Jorge Lampón, xogador do Alevín Masculino "A" e adestrado por David Rodríguez; e coa preselección feminina foron convocadas Aroa Capelo, Raquel Fernández e Lucía Fontela, xogadoras do Alevín Feminino "A" e dirixidas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.

.

Os adestramentos dos nosos catro deportistas nesta primeira concentración tiveron lugar en Noia, no polideportivo Alonso Rodríguez, o pasado domingo 22 de decembro do 2013.