viernes, 13 de diciembre de 2013

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA REPRESENTADO NA I XUNTANZA DE SELECCIÓNS ZONAIS DE MINI

.(A Selección Zonal de Vigo de categoría alevín masculina)

.

Un total de 160 nenos e nenas de toda Galicia contribuíron o pasado sábado día 7 de decembro do 2013 en Santiago de Compostela á celebración da "Xuntanza de Seleccións Zonais de Minibásquet", xornada clave establecida desde a Federación Galega de Baloncesto para comprobar as evolucións competitivas e técnicas dos xogadores e xogadoras en idade minibásquet que veñen participando nos distintos Centros de Tecnificación Zonais da tempada 2013/2014.

.

Baixo o formato de "competición amigable", un total de 16 combinados zonais con dez xogadores/as por combinado, enfrontáronse entre eles e trasladaron as súas habilidades deportivas ás tres pistas de xogo habilitadas para a ocasión no
Pavillón do Restollal
.

.

As sete delegacións zonais da Federación Galega (A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago, Arousa e Ourense) e as divisións locais de A Mariña en masculino e Arousa Norte en feminino estiveron representados nesta primeira Xuntanza.

.

.(A Selección Zonal de Vigo de categoría alevín feminina)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo ben reprensentado nesta "Xuntanza de Seleccións Zonais de Minibásquet" por Pablo Lago e Jorge Lampón, xogadores do Alevín Masculino "A" e adestrados por David Rodríguez, convocados coa Selección Zonal de Vigo Mini Masculina; e Aroa Capelo, Laura Cerezo, Raquel Fernández e Lucía Fontenla, xogadoras do Alevín Feminino "A" e dirixidos por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, convocadas coa Selección Zonal de Vigo Mini Feminina.

 

Ademais, Sergio González, Director Deportivo e adestrador da nosa entidade, foi escollido por parte da Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto para dirixir a Selección Zonal de Vigo Mini Masculina na "Xuntanza de Seleccións Zonais de Minibásquet".