lunes, 2 de diciembre de 2013

"EL SEIS DO NADAL EXHIBE SU FUERZA", REPORTAXE NO FARO DE VIGO DA PRESENTACIÓN DO CURSO

.

"O Seis do Nadal exhibe toda a súa forza. Máis de 1.200 técnicos e xogadores participaron na presentación dos seus equipos."

.

Hoxe, luns día 2 de decembro do 2013, o Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o acto de Presentación Oficial da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia no seu 30º Anivesario. "Ao acto que comezou ás 18:00 horas, asistiron máis de 1.200 deportistas entre xogadores, técnicos e tamén responsables das diferentes formacións e numerosos equipos de balonmán, baloncesto e ximnasia rítmica."

.

Pódese acceder á reportaxe pulsando na imaxe desta noticia das páxinas do Faro de Vigo.