jueves, 5 de diciembre de 2013

BORJA ASTRAY PARTICIPARÁ COA PRESELECCIÓN GALEGA NO II TORNEO DE SELECCIÓNS EN LUGO

(Borja Astray convocado para disputar o II Torneo de Seleccións)

.

A Preselección Cadete Masculina da Federación Galega de Baloncesto participará no Segundo Torneo de Seleccións, a disputarse en Lugo os vindeiros7 e 8 de decembro do 2013, cun plantel de trece xogadores que se atopan na recta final do programa de traballo para a tempada 2013/2014 e coa mente centra xa no obxectivo final marcado: o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar en Cáceres do 3 ao 6 de xaneiro do 2014.

 

O Pazo dos Deportes da capital lucense acollerá o xogo da Preselección Galega Cadete Masculina que terá lugar de enfrontarse ás Preseleccións Cadetes Extremeña e Vasca, así como ao equipo Sub18 do FC Porto.

.

Entre os trece xogadores convocados que están citados o día seis, data na que poderán adestrar de xeito previo ás dúas xornadas do torneo, esta presente Borja Astray, xogador do equipo Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Breixo Solla e Felipe Feijoo.

 

Os horarios dos partidos que xogará a Preselección Galega Cadete Masculina son os seguintes:

 

07/12/2013 - Pazo Provincial dos Deportes

10:30 horas: Galicia - Euskadi

20:00 horas: Galicia - Extremadura

 

08/12/2013 - Pazo Provincial dos Deportes

12:00 horas: FC Porto - Galicia