martes, 12 de noviembre de 2013

O INFANTIL MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL SUBCAMPIÓN DA FASE FINAL DA COPA GALICIA INFANTIL MASCULINA

(O Infantil Masculino "A" despois da entrega de trofeos da Copa Galicia)

 

INFANTIL MASCULINO "A"

.

SUBCAMPIÓN COPA GALICIA

.

O Infantil Masculino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamouse subcampión da Fase Final da Copa Galicia Infantil Masculina 13/14 disputada o pasado domingo día 10 de novembro do 2013 no pavillón Vila de Noia en Carballo.

.

Os catro equipos que se clasificaron para a disputa da Fase Final foron o Seis do Nadal - Coia, primeiro clasificado do Grupo "A"; o Instituto Rosalía (Santiago de Compostela), primeiro clasificado do Grupo "B"; o Sigaltec (Vilagarcía de Arousa), segundo clasificado do Grupo "B"; e o Carballo Básket, na primeira posición do Grupo "C".

.

Na semifinal disputada pola mañá o Seis do Nadal - Coia xogou ante o Instituto Rosalía conseguindo a vitoria (60-50) e a clasificación para a final. Na final enfrontáronse o Carballo Básket, combinado que venceu na súa semifinal ao equipo Sigaltec BBC, e o Seis do Nadal - Coia. O partido da final foi sempre controlado polo conxunto anfitrión, o Carballo Básket, quen foi capaz de aumentar a diferenza no marcador período tras período ata a vitoria final (63-39).

 

A clasificación final da Fase Final da Copa Galicia Infantil Masculina da presente tempada 2013/2014 foi:

 

1º- CARBALLO BÁSKET (Carballo)

2º- SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

3º- INSTITUTO ROSALÍA (Santiago de Compostela)

4º- SIGALTE BBC (Vilagarcía de Arousa)

.

(Xogador do Seis do Nadal - Coia recollendo a copa de subcampión)

.

(O Seis do Nadal - Coia e o Carballo Básket despois de xogar a final)

.

Fotos de Raúl López (Ideal Gallego)