jueves, 28 de noviembre de 2013

"A A.D. SEIS DO NADAL - COIA REUNIRÁ AO PASADO, PRESENTE E FUTURO DOS SEUS 30 ANOS"

(Membros da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia na rolda de prensa)

.

O próximo domingo día 1 de decembro do 2013 terá lugar a Presentación Oficial da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia no pavillón Central de As Travesas a partir das 18:00 horas. A Presentación Oficial de tódolos integrantes da Agrupación coincide coa celebración dos seus "30 Anos de Historia".

.

Durante a mañá do xoves día 28 presentouse o acto ante os medios de comunicación nunha rolda de prensa na que estiveron presentes Ánxeles Rivela, Directora do CEIP Seis do Nadal; Ana Lampón, Presidenta do ANPA Valentín Paz Andrade; Antón Piñeiro, Presidente do Club Balonmán Seis do Nadal; Julio Rodríguez e Miguel Ángel Pena, membros da Xunta Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; e Sergio González e Jorge Fernández, Directores Deportivos dos clubs de Baloncesto e Balonmán respectivamente.

 

Os responsables da organización da Presentación Oficial do 30º Aniversario da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia explicaron que a partir das 18:00 horas do próximo domingo se poderá asistir a un acto no que máis de 1.200 deportistas (xogadores, xogadoras, técnicos, directivos e responsables) serán os protagonistas da tarde sendo os actuais integrantes da Agrupación Deportiva desde o seu nacemento no ano 1983.

 

A Comunidade Educativa do CEIP Seis do Nadal informou tamén da presenza do Grupo Musical Weli Kings e o grupo de Gaiteiros e Danza O Fiadeiro que amenizarán un acto de celebración que agarda chear as bancadas do pavillón central de As Travesas. Os responsables do acto informaron tamén que de xeito paralelo á presentación se levará a cabo unha "Operación Quilo" na que tódolos participantes poderán colaborar como mínimo cun quilo de alimentos.

 

A rolda de prensa rematou cunha invitación dos alí presentes a todos aqueles que dalgún xeito formaron parte da Agrupación Deportiva Seis do Nadal (ex-xogadores/as, ex-adestradores/as, antigos alumnos/as, membros da Comunidade Educativa do centro, etc.), coa idea de poder reunir nunha tarde ao pasado, o presente e o futuro do Seis do Nadal - Coia.