martes, 22 de octubre de 2013

DEPORTISTAS DO CB SEIS DO NADAL COIA PRESENTES NO CETI DE CAPTACIÓN CELEBRADO EN TUI

(Xogadores de categoría minibásquet masculina no CETI celebrado en Tui)

.

O pasado domingo día 20 de outubro do 2013 no pavillón municipal da vila de Tui celebrouse un CETI de captación de posibles xogadores e xogadoras que poidan formar parte das seleccións galegas de categoría preminibásquet (nados no 2004 ou posteriores), minibásquet (nados no 2002 e 2003) e infantil (nados no 2001).

.

A categoría preminibásquet masculina adestrou de 11:00 a 12:30 horas e do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia asistiron Hugo Champeme, Yimer Failde e Alejandro Sirvent, xogadores do equipo Benxamín Masculino "A" adestrados por Silvia Caíño e Aldara Martínez.

.

(Xogadores de categoría preminibásquet masculina despois da sesión)

.

No mesmo horario adestraron tódolos xogadores de categoría minibásquet masculina, entre os que se atopaban Diego Emmanuel Gaitán, Pablo Lago, Jorge Lampón e Pedro Antonio Pérez, xogadores do Alevín Masculino "A" dirixidos por David Rodríguez; e Íñigo de Torres e Jorge Montero, xogadores os dous do Alevín Masculino "B" adestrados por Andrés Álvarez.

.

De 12:30 a 14:00 horas adestrou a categoría preminibásquet feminina e participaron Iria Lago, Ada Luna Rajoy e Marta Vázquez, xogadoras do combinado Benxamín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia adestradas por Sandra Solano e Sandra Cacheda.

.

(As máis pequenas de categoria preminibásque feminina no pavillón de Tui)

..

No mesmo horario foron convocadas todas as xogadoras de categoría minibásquet feminina e do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participaron Aroa Capelo, Laura Cerezo, Noa Comesaña, Raquel Fernández, Laura Fontela, Alba Galbán e Esther Gil, xogadoras do Alevín Feminino "A" e adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.

.

(Grupo de xogadoras de categoría minibásquet no CETI celebrado en Tui)

..

Na xornada de tarde foi o turno dos dous adestramentos das categorías infantil masculina e feminina. De 16:00 a 17:30 horas foi convocada a categoría infantil masculina e do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia asistiron Brais Álvarez, Daniel Fernández, Hugo López, Alejandro Prieto e Lucas Vázquez, xogadores do Infantil Masculino "C" dirixidos por María Henar Díaz e Aldara Martínez. A categoría infantil feminina adestrou de 17:30 a 19:00 e participaron Cristina Freire, Ana Mariño e Carolina Meitín, xogadoras as tres do equipo Infantil Feminino "A" capitaneado por Alicia Álvarez e Pablo De Benito.