jueves, 19 de septiembre de 2013

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA PARTICIPA A PARTIR DESTA SEMANA NAS COPAS GALICIA INFANTÍS 2013/14

.

Esta fin de semana darán comezo as Copas Galicia Infantís, tanto masculina coma feminina despois do sorteo que tivo lugar o pasado martes día 17 de setembro do 2013 nos locais da Federación Galega de Baloncesto. O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará nas Copas Galicia Infantís cos equipos Infantil Masculino "A" e Infantil Feminino "A". 

.

O conxunto Infantil Masculino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, adestrado por Sergio González, Óscar García e Borja Martínez, competirá no Grupo "A" da Copa Galicia Infantil Masculina 2013/14 xunto a Muebles Victoria Barco (O Barco de Valdeorras), o equipo do Porriño Baloncesto Base e Estudiantes Pontevedra.

.

.

O equipo Infantil Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, dirixido por Alicia Álvarez e Pablo De Benito, participará na Copa Galicia Infantil Feminina encadrado no Grupo "B" xunto a Grupo La Junquera Cortegada (Vilagarcía de Arousa), CB Arxil (Pontevedra) e CB Vilagarcía VBCup.

.