martes, 20 de agosto de 2013

O INFANTIL MASCULINO "C" DO CLUB SERÁ ADESTRADO POR MARÍA HENAR DÍAZ E ALDARA MARTÍNEZ

.

O equipo Infantil Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia do próximo curso 2013/14, combinado composto por xogadores infantís de primeiro ano que competirá na Liga Segunda División Infantil Masculina da Federación Galega de Baloncesto, estará dirixido por María Henar Díaz e Aldara Martínez.

.

María Henar Díaz adestrará ao grupo Infantil Masculino "C" da entidade trala súa incorporación na presente tempada ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia como axudante do Júnior Feminino "A".  María Henar, xogadora ata os dezaseis anos no IES Alonso de Madrigal, adestrou en Ávila, Valladolid e desde o ano 2006 adestrou nas categorías base do Óbila CB (Ávila).

.

Despois da experiencia co grupo nas dúas pasadas tempadas, Aldara Martínez será a adestradora axudante do equipo na tempada na que cumprirá a súa terceira campaña no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Infantil Masculino "C" comezará os adestramentos de pretempada o próximo mércores 21 de agosto ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal.