jueves, 1 de agosto de 2013

JORGE MARTÍNEZ, BREIXO SOLLA E IGNACIO SÁNCHEZ ADESTRARÁN AO CADETE FEMININO DO SEIS DO NADAL

.

Jorge Martínez, Breixo Solla e Ignacio Sánchez serán unha campaña máis técnicos do noso club e adestrarán ao conxunto Cadete Feminino da próxima tempada 2013/2014, grupo composto por xogadoras nadas nos anos 1998 e 1999, e que competirán na Liga 1ª División Cadete Feminina.

.

A pasada tempada 2012/13 Jorge Martínez adestrou e dirixiu ao Cadete Feminino, combinado que rematou a campaña na oitava posición da Liga Primeira División Cadete Feminina o que aseguraba a praza na competición un curso máis. Jorge Martínez, cumprirá na próxima tempada a súa décimo sétima campaña deportiva como membro do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Breixo Solla será, na súa novena tempada formando parte do corpo técnico da nosoa entidade, o adestrador axudante do Cadete Feminino; despois de adestrar a campaña pasada ao Cadete Masculino "C" e ser o adestrador axudante do Cadete Feminino.

 

O corpo técnico do grupo Cadete Feminino do club complétase con Ignacio Sánchez, quen desenvolverá de novo as funcións de delegado do equipo na que será a súa sétima tempada no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O grupo Cadete Feminino comezará os seus adestramentos de pretempada o próximo luns 5 de agosto ás 11:00 horas no Colexio Seis do Nadal.