viernes, 23 de agosto de 2013

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DO III TORNEO DE BALONCESTO 3X3 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

.

Os días 30 e 31 de agosto do 2013 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal.

.

Despois das exitosas experiencias das pasadas edicións do Torneo de Baloncesto 3x3, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizará neste comezo de tempada o III Torneo de Baloncesto 3x3 como pistoletazo de saída do curso 2013/14.

.

O Torneo 3x3 estará dividido en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3x3 paralelos o venres 30 de agosto do 2013 en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3x3 de categoría júnior-sénior será o sábado 31 de agosto do 2013 ao longo de todo o día. Os horarios de cada categoría se publicarán unha vez pechado o prazo de inscrición o próximo día 27 de agosto do 2013.

.

Os equipos deben estar formados por 5 xogadores/as como máximo e poderán ser equipos masculinos, femininos e mixtos sempre respetando as idades das categorías do campionato. Na Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 do Club Baloncesto Seis do Nadal haberá premios para os combinados campións de cada categoría, premios que se darán a coñecer en próximas datas.

.

Inscrición

.

Os equipos que desexen participar no torneo deberán enviar un correo electrónico a areadeportiva@seisdonadalcoia.com antes do próximo martes 27 de agosto do 2013 indicando:

.

- Nome e categoría do equipo participante.

.

- Nome, apelidos e data de nacemento de tódolos integrantes do equipo (mínimo tres e máximo 5).

.

- Responsable do equipo e móbil de contacto.

.

As inscricións serán aceptadas por rigoroso orde de inscrición ata completar o número máximo de equipos en cada unha das categorías. A confirmación da praza na Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 será comunicada a través do correo electrónico facilitado ao facer a inscrición. A cuota simbólica de participación será recollida antes do primeiro encontro de cada equipo no campionato.

.

Para máis información ou para resolver as dúbidas podedes poñervos en contacto coa organización no 627516980 ou no email areadeportiva@seisdonadalcoia.com.