jueves, 4 de julio de 2013

O BENXAMÍN MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL - COIA 13º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL DE VIGO 2012/2013

(O equipo Benxamín Masculino "B" da tempada 2012/2013)

.

BENXAMÍN MASCULINO "B"

.

13º CLASIFICADO LIGA DE VIGO

.

O Benxamín Masculino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Silvia Caíño e Sabela Astray, rematou no décimo terceiro posto da Liga Zonal de Vigo 12/13 de categoría preminibásquet masculina organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O benxamín Seis do Nadal "B" competiu na primeira fase de grupos no Grupo "A" de Vigo e despois dos nove encontros disputados finalizou na sétima posición cun balance de tres vitorias e seis derrotas. A clasificación do Grupo A foi:

.

(Clasificación final do Grupo A da Liga Zonal Vigo Premini Masculina)

.

Os equipos clasificado na 7ª, 8ª, 9ª e 10ª posición do Grupo "A" (Seis do Nadal "B", Salesianos Vigo BMB, Divino Salvador "A" Airexa e Escultor Acuña Airexa) clasificáronse para a disputa do 13º ao 20º posto na segunda fase da Liga, xunto aos conxuntos clasificados nas mesmas posicións do Grupo "B" (CB Redondela, Miralba, Maristas "B" e Divino Salvador "B" Airexa). Despois dos catorce partidos disputados nesta segunda das fases o Seis do Nadal "B" rematou na primeira posición do grupo cunha soa derrota, o que lle converteía no décimo terceiro clasificado da Liga Zonal Premini Masculina.

.

(Clasificación final da Segunda Fase da Liga de Vigo do 13º ao 20º posto)