domingo, 7 de julio de 2013

O BENXAMÍN FEMININO DO SEIS DO NADAL - COIA CAMPIÓN DA LIGA ZONAL DE VIGO 2012/2013

(O Benxamín Feminino do club Campión da Liga Zonal de Vigo 2012/13)

.

BENXAMÍN FEMININO

.

CAMPIÓN LIGA ZONAL DE VIGO

 

7º CLASIFICADO LIGA FGB

.

O equipo Benxamín Feminino, Seis do Nadal Feminino, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sandra Solano e Sandra Cacheda, proclamouse campión da Liga Zonal de Vigo 12/13 de categoría benxamín feminina e participou nos cuartos de final da Liga FGB Benxamín Feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O benxamín Seis do Nadal Feminino competiu no Grupo Único de Vigo e despois dos dezaoito encontros disputados finalizou na primeira posición con dezasete vitorias e unha soa derrota. A clasificación do Grupo Único de Vigo foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo Único da Liga Zonal Vigo Premini Feminina)

.

A primeira posición na Liga Zonal de Vigo clasificou ao Seis do Nadal Feminino para a disputa dos cuartos de final da Liga FGB Benxamín Feminina. O conxunto benxamín feminino de Peleteiro (Santiago de Compostela) foi o combinado ante o que xogou os cuartos de final o equipo do Seis do Nadal. No partido de ida disputado no Colexio Seis do Nadal o Peleteiro conseguía a vitoria cun 35-47 final, e xa na volta certificou o seu pase a semifinais cunha nova vitoria por 43 a 20.

.

(Cadro de cuartos de final da Liga FGB Benxamín Feminina 2012/2013)

.

Deste xeito, e polos resultados obtidos, o noso equipo non se clasificaba para a disputa da semifinal da Liga FGB Benxamín Feminina e remataba a competición na sétima posición. Os dez conxuntos primeiros clasificados da Liga FGB Benxamín Feminina da presente tempada 2012/2013 foron:

.

(Dez primeiros clasidicados da Liga FGB Benxamín Feminina 2012/2013)