lunes, 1 de julio de 2013

NOVOS DESCONTOS NA INSCRICIÓN DO 9º CAMPUS DE VERÁN 2013 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

 

Os xogadores e xogadoras dos equipos federados e das escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirán tendo o desconto de 20 euros ata o final do prazo de inscrición ademais do desconto por ser integrante do Seis do Nadal - Coia.

 

Durante a semana do 15 o 21 de xullo do 2013 celebrarase nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo o 9º Campus de Baloncesto 2013 organizado unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos.

.

Este campus ofrecerá, por noveno ano consecutivo, ademais dunha completa formación deportiva que esta edición contará con contidos de inicicación e de perfeccionamento cun traballo específico dirixido á mecánica de tiro, que correrá a cargo de adestradores e de adestradoras de contrastada experiencia, un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deporte.

.

As xornadas se desenvolverán na Cidade Universitaria de Vigo entre as 10:00 horas e as 19:30 horas. As instalacións ofrecerán múltiples oportunidades de establecer contacto con outros deportes e actividades físicas ao contar cunha pista polideportiva cuberta, unha piscina olímpica, un campo de herba sintética e un campo de herba natural.

.

Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores e monitores do Club Baloncesto Seis do Nadal e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións. Tódolos deportes e actividades alternativas serán impartidas durante o campus por entidades e clubs especializadas conseguindo o obxectivo de ofrecer o mellor producto deportivo e de lecer.

.

Fai a túa inscrición

.

Non deixes perder a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos mellores na nosa compaña. Non o dubides e fai xa a túa inscrición do campus. Para formalizar a inscrición do campus é necesario enviar a folla de inscrición, o xustificante do ingreso e fotocopias do dni e da cartilla da seguridade social antes do martes 9 de xullo do 2013 a través do número de fax 986227275 ou a través do correo electrónico
areadeportiva@seisdonadalcoia.com
.

.