jueves, 27 de junio de 2013

O INFANTIL FEMININO "B" DO SEIS DO NADAL 7º CLASIFICADO DO GRUPO E DA LIGA 2ª DIVISIÓN INFANTIL 12/13

(O Infantil Feminino "B" do Seis do Nadal da presente tempada 2012/2013)

.

INFANTIL FEMININO "B"

.

7º CLASIFICADO G-E 2ª DIVISIÓN

.

O Infantil Feminino "B", Seis do Nadal Illas Cíes, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Alicia Álvarez, finalizou na sétima posición do Grupo "E" Vigo da Liga 2ª División Infantil Feminina da presente tempada 2012/13 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O equipo Seis do Nadal Illas Cíes competiu no Grupo E-1 Vigo da Liga 2ª División Infantil Feminina 2012/2013 e despois dos doce partidos disputados do grupo conseguiu sete vitorias e cinco derrotas. A clasificación final do Grupo E-1 Vigo, onde o noso equipo conseguiu a terceira praza, foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo "E-1" da Liga 2ª División Infantil Feminina)

.

A terceira posición conseguida no Grupo "E-1" clasificaba ao Seis do Nadal Illas Cíes para a disputa do 5º ao 8º posto na segunda fase xunto a CB Salesianos Vigo, Maristas Celta e CB Airexa Nigrán. Nesta segunda fase, e despois dos seis partidos disputados, o Seis do Nadal Illas Cíes remataba na terceira posición da táboa o que lle otorgaba a sétima posición do Grupo E Vigo.

.

(Clasificación final da Segunda Fase do Grupo "E" do 5º ao 8º posto)

.

O equipo Infantil Feminino "B" participou na Copa Diputación de Pontevedra 2012/13 de categoría infantil feminina e estivo encadrado no Grupo A Vigo xunto a Apóstol "A", PBB "B" e CB Baiona Torvigo "B". O Seis do Nadal Illas Cíes rematou na segunda posición do Grupo "A" cunha única derrota ante o Apóstol "A":

.

(Clasificación final do Grupo A Vigo da Copa Diputación Pontevedra)