miércoles, 12 de junio de 2013

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA ORGANIZA O I DÍA DO BENXAMÍN VIGO-AROUSA 2012/2013

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza o próximo sábado día 15 de xuño do 2013 a Primeira Edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia.

.

Un total de 23 equipos de categoría benxamín e procedentes das delegacións de Vigo e Arousa participarán no I Día do Benxamín que organiza a entidade viguesa na recta final da presente tempada 2012/2013.

.

Seis do Nadal Masculino "A", Seis do Nadal Masculino "B", Seis do Nadal Feminino, Porriño Bto. Base Masculino, Porriño Bto. Base Feminino, Porriño Bto. Base Escolar, Ándersen Masculino, Ándersen Feminino, Las Acacias, Salesianos Vigo Mixto 1, Salesianos Vigo Mixto 2, Salesianos Vigo Mixto 3, Airexa Nigrán Feminino, Redondela Mixto, Carmelitas, Miralba Mixto e Maristas Masculino, son os conxuntos de Vigo que participarán na xornada. Liceo Casino Masculino "A", Liceo Casino Masculino"B", Liceo Casino Masculino "C", CB Arxil Feminino, CB Grove Turimares Masculino e CB Grove Amalfi Feminino, serán os combinados de Arousa que participarán nesta primeira edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa. A estes conxuntos se lle sumará o equipo benxamín do Básket Club de Gaia, combinado luso invitado ao evento.

.

O escenario do evento será o polideportivo municipal de Navia no que haberá catro pistas cubertas e dúas pistas ao aire libre no exterior do pavillón. Nestas seis pistas se disputarán máis de 30 partidos de categoría benxamín ao longo da xornada da mañá do día 15 de xuño do 2013.

 

Ao longo da mañá haberá unha pista na rúa aberta a tódolos nenos e nenas que desexen achegarse ao deporte da canastra e disfrutar tamén do Primeiro Día do Benxamín Vigo-Arousa que organiza o Club  Baloncesto Seis do Nadal Coia. Partidos, xogos e moitas outras actividades se poderán realizar na pista de "básquet na rúa" paralela á xornada benxamín.