(O Cadete Masculino "B" do Seis do Nadal da presente tempada 2012/2013)
.
CADETE MASCULINO "B"
.
5º CLASIFICADO G-E2 2ª DIVISIÓN
.
O equipo Cadete Masculino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Álvaro Alonso e André Pérez, finalizou na quinta posición do Grupo "E-2" da Liga Segunda División Cadete Masculina da presente tempada 2012/2013 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.
.
O Seis do Nadal "B" competiu no Grupo E-2 Vigo da Liga 2ª División Cadete Masculina 12/13 e despois dos doce partidos disputados do grupo conseguiu catro vitorias e oito derrotas. A clasificación final do Grupo E-2 Vigo foi a seguinte:
.
(Clasificación final do Grupo "E-2" da Liga 2ª División Cadete Masculina)
.
O equipo Cadete Masculino "B" participou na Copa Primavera Vigo de categoría cadete masculina e estivo encadrado no Grupo 1 xunto a C.B. Tui, Maristas "B", Porriño Baloncesto Base "B", Airexa Nigrán, San José Sauces e CB Redondela. O Seis do Nadal "B" rematou na quinta posición do grupo tras conseguir dúas vitorias e catro derrotas nos seis partidos que se disputaron.
.
(Clasificación final do Grupo 1 da Copa Primavera Cadete Masculina)