domingo, 30 de junio de 2013

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL - COIA 4º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL DE VIGO 2012/2013

(O Alevín Masculino "A" campión da Copa Primavera Vigo)

.

ALEVÍN MASCULINO "A"

.

4º CLASIFICADO LIGA ZONAL VIGO

.

CAMPIÓN COPA PRIMAVERA

.

O equipo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido polos técnicos Diego Montenegro e Aldara Martínez, rematou na cuarta posición da Liga Zonal de Vigo de categoría alevín masculina da presente tempada organizada pola Federación Galega de Baloncesto e proclamouse combinado campión da Copa Primavera Vigo.

.

O Seis do Nadal "A" competiu na primeira fase de grupos no Grupo "B" de Vigo e despois dos oito encontros disputados conseguiu a primeira posición cun balance de oito vitorias e ningunha derrota. A clasificación do Grupo B foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo B da Liga Zonal Vigo Alevín Masculina)

.

Os dous primeiros combinados do Grupo "B", Seis do Nadal "A" e CB Baiona, clasificáronse para a disputa do 1º ao 6º posto na segunda fase da Liga, xunto aos dous primeiros clasificados do Grupo "A", Maristas "A" e PBB "A", e os dous primeiros clasificados do Grupo "C", Salesianos Vigo Mas. e Maristas "C". Despois dos dez partidos disputados o Seis do Nadal "A" rematou na cuarta posición da competición con seis vitorias e catro derrotas.

.

(Clasificación final da Segunda Fase da Liga de Vigo do 1º ao 6º posto)

.

O equipo Alevín Masculino "A" participou na Copa Primavera Vigo 2012/13 de categoría alevín masculina e estivo encadrado no Grupo 2 xunto a Porriño B. Base "B", Castro San Miguel (Mixto) e Col. Salesianos Vigo (Mixto). O Seis do Nadal "A" rematou na primeira posición do Grupo 2, sendo a clasificación final a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo 2 Vigo da Copa Primavera Vigo)

.

O primeiro dos clasificados do Grupo 2, o Seis do Nadal "A", disputou a final da Copa Primavera Vigo ante o primeiro clasificado do Grupo 1, o CB Tui Seta "B". No partido de ida o Seis do Nadal "A" xa conseguiu unha ampla vantaxe na vila de Tui (44-66), vantaxe que se confirmou novamente no partido de volta no Colexio Seis do Nadal (87-34). Deste xeito o Alevin Mascuino "A" proclamábase campión da Copa Primavera Vigo da presente tempada 2012/2013.

 

Fotos da entrega de premios aos campións

.

.

.