viernes, 29 de marzo de 2013

O CÍA MARÍA SANTIAGO CAMPIÓN DA SERIE MASCULINA "AUTOESCUELA COYA DO 5º TORNEO INFANTIL 2013

(O Cía María campión da Serie "Autoescuela Coya" do torneo infantil)

.

O combinado Compañía de María de Santiago de Compostela proclamouse campión da primeira xornada da Quinta Edición do Torneo Internacional Infantil 2013 "30 Anos co Deporte Base" organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e que se celebrou o pasado venres día 29 de marzo do 2013 no Pavillón Municipal de Bouzas.

.

Na serie infantil masculina "Autoescuela Coya" participaron o anfitrión Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro (Vigo), o Básket Base Club BBC (Vilagarcía de Arousa) e o Compañía de María (Santiago de Compostela), sendo o campión da xornada do 5º Torneo Internacional Infantil o combinado da capital galega.

.

.

.

RESULTADOS

.

- SEIS DO NADAL CELSO E. 24 Vs BÁSKET BASE CLUB 49

- CÍA MARÍA SANTIAGO 35 Vs BÁSKET BASE CLUB 28

- SEIS DO NADAL CELSO 28 Vs CÍA MARÍA SANTIAGO 44

.

CLASIFICACIÓN

.

1º- COMPAÑÍA DE MARÍA (Santiago de Compostela)

2º- BÁSKET BASE CLUB BBC (Vilagarcía de Arousa)

3º- SEIS DO NADAL CELSO E. FERREIREO (Vigo)

.

.

.

Na entrega de premios da categoría Infantil Masculina Serie "Auotescuela Coya" do Torneo Internacional Infantil 2013 estivo presente Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Francisca García, Secretaria da Xunta Directiva da entidade; Aalí Mohamed, Presidente de Honra do club; Sergio González, Director Deportivo da entidade; e Breixo Solla, adestrador e técnico da entidade.