jueves, 7 de marzo de 2013

A FEDERACIÓN GALEGA ORGANIZA A "I XORNADA DE HARMONIZACIÓN DO MINIBÁSQUET GALEGO"

 

A Federación Galega de Baloncesto presentou estes días a súa "I Xornada de Harmonización do Minibásket Galego", un novo xeito de fomentar entre todos un modelo xenuíno de traballo para a categoría minibásquet.

.

Unido aos diferentes actores que día a día traballan xunto aos xogadores e xogadoras máis novos da nosa Comunidade, a Área deportiva da Federacíon Galega de Baloncesto promove a "I Xornada de Harmonización do Minibásket Galego". Marcada no calendario para o próximo día 17 de marzo do 2013, esta cita especial moverá os seus focos entre as múltiples facetas nas que habita o Minibásket Autonómico.

 

A través desta iniciativa, as instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela, converteranse en todo un día no epicentro desta modalidade deportiva, que será revisada desde diferentes perspectivas co obxectivo de afondar na súa "harmonización".

 

O adestramento, a metodoloxía, a formación e o aspecto psicolóxico serán os vértices desde os que adentrarse na súa análise e que darán pé ao sempre enirquecedor debate.

 

Sexta convocatoria "Aula Formativa Adestrado Galego"

 

A "Aula Formativa do Adestrador Galego" chega ao mes de marzo coa oferta renovada da súa sexta charla teórico práctica. Nesta ocasión, ao temón estará o técnico Darío Méndez, e a súa será unha intervención incluída no marca da
"I Xornada da Harmonización do Minibásket Galego".

 

A nova exposición teórica a cargo do adestrador galego Darío Méndez terá lugar ás 18:30 horas do próximo 17 de marzo do 2013 en Santiago de Compostela, no Colexio Manuel Peleteiro, e terá a responsabilidade de pechar o programa da xornada co "Un contra un en Minibásket".

 

A inclusión desta nova "aula formativa" dentro da "I Xornada de Harmonización do Minibásket Galego" abre diferentes vías de inscirción e participación para os intersados en tomar parte. Tres son as opcións que a Federación Galega de Baloncesto facilita e que se poden consultar pulsando aquí.