martes, 8 de enero de 2013

BORJA ASTRAY PARTICIPOU COA SELECCIÓN GALEGA CADETE NO CTO. DE ESPAÑA EN ZARAGOZA

(Borja Astray participou no Cto. de España coa Selección Galega Cadete)

.

Borja Astray, xogador cadete do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, participou desde o pasado día 3 ao pasado día 6 de xaneiro no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrou en Zaragoza, formando parte da Selección Galega Cadete Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

 

Na localidad maña, Borja Astray, xogador do equipo Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal e dirixido por Borja Martínez, Daniel Rodríguez e David Rodríguez, viviu a súa experiencia deportiva coa Selección Galega, combinado integrado no Grupo Especial "A" e que competiu contra os mellores tomando así boa medida do seu nivel. Os xogadores galegos competiron no Grupo Especial "A" xunto a Aragón, Islas Baleares, Cataluña e País Vasco.

 

Os doce xogadores galegos escollidos para representar á nosa comunidade galega nos pavillóns zaragozanos conseguiron os seguintes resultados:

 

2ª Xornada (03/01/2013 ás 19:30 horas)

Galicia 79 Vs Illas Baleares 48 (Ver Estadísticas)

 

3ª Xornada (04/01/2013 ás 12:00 horas)

Aragón 81 Vs Galicia 74 (Ver Estadísticas)

 

4ª Xornada (04/01/2013 ás 19:30 horas)

Galicia 69 Vs Cataluña 77 (Ver Estadísticas)

 

5ª Xornada (05/01/2013 ás 11:00 horas)

País Vasco 69 Vs Galicia 50 (Ver Estadísticas)

 

Cruce clasificatorio - 7º e 8º (05/01/2013 ás 19:30 horas)

Galicia 77 Vs Comunidad Valenciana 83 (Ver Estadísticas)

 

A Selección Galega Cadete Masculina, equipoo no que xogou Borja Astray, rematou o Campionato de España de Seleccións Autonómicas celebrado en Zaragoza na 8ª posición.