jueves, 24 de enero de 2013

4ª LIGA INTERNA DE COLEXIOS XL 2013 LIGA LINCO LINORSA XL 2013

.

O pasado curso escolar 2011/12 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, co apoio do Instituto Municipal dos Deportes e Linorsa, organizou a Terceira Edición da Liga Interna de Colexios LINCO - Linorsa XL que tivo lugar nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos cada dous venres de 18:00 a 19:00 horas, desde febreiro ata maio, na que se disputaron máis de 50 encontros.

.

Esta tempada 2012/2013 organizará a Cuarta Edición da Liga LINCO - LINORSA XL 2013 na que participarán dúas Escolas Deportivas. A Escola Municipal de Balaídos e o centro educativo CEIP Seis do Nadal, serán as dúas Escolas que participarán nesta competición escolar dirixida a rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos.

.

Esta iniciativa deportiva xurdiu co obxectivo de ofrecerlle unha experiencia competitiva a tódolos rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos que militan nas Escolas Deportivas organizadas e adestradas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e coa idea clara de converterse nunha continuación da Liga LINCO de minibásquet.

.

A Liga LINCO - Linorsa XL 2013 conta, ao igual que a 11ª Liga LINCO - Linorsa 2013, coa colaboración e respaldo constante de Linorsa, Coca-Cola, Displave e Larsa; e tamén conta co reforzo da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e a Federación Galega de Baloncesto.

.

A Presentación Oficial da 4ª Liga LINCO - Linorsa XL 2013 terá lugar o próximo venres 25 de xaneiro do 2013 a partir das 16:15 horas no Pavillón Municipal de Navia, nun acto onde se presentarán ás Escolas Deportivas participantes no que será o pistoletazo de saída desta competición escolar de categoría infantil e cadete.