.
O próximo sábado 22 de decembro do 2012 se celebrará o 9º Torneo de Minibásquet "Vila de Marín" no Pavillón O Sequelo, organizado un ano máis polo Marín Peixegalego no que participarán un total de oito combinados divididos en dous grupos que buscarán conseguir o novo título de campión.
.
Unha tempada máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará neste tradicional torneo de Nadal. Así o equipo Alevín Masculino "A", adestrado por Diego Montenegro e Aldara Martínez, participará no torneo xunto a conxuntos da talla de Agustinos Eras León, Estudiantes de Lugo, Escolas Deportivas Ourense, CB Vilagarcía, Básquet Coruña, Canteiras Porriño e Marín Peixegalego.
.
O equipo do Seis do Nadal - Coia estará encadrado no grupo "B" xunto ao Agustinos de León, Canteiras Porriño e Básquet Coruña. Os partidos que xogará o Seis do Nadal - Coia na primeira fase son os seguintes:
10:00 h.: SEIS DO NADAL COIA - AGUSTINOS LEÓN
12:00 h.: SEIS DO NADAL COIA - BÁSQUET CORUÑA
16:00 h.: CANTEIRAS PORRIÑO - SEIS DO NADAL COIA
Unha vez rematada a fase de grupos, o 1º e 2º do grupo "A" se enfrontarán ao 2º e 1º do grupo "B" sendo os gañadores os dous equipos da final do torneo. Os terceiros e cuartos dos grupos se enfrontarán entre eles para coñecer os equipos que ocuparán os postos do 5º ao 8º.
2º Torneo Infantil Feminino "Vila de Marín" 2012
Paralelamente ao torneo de minibásquet, o Marín Peixegalego organiza, no Pavillón de A Raña e na mesma xornada do domingo día 22 de decembro do 2012, a segunda edición do Torneo Infantil Feminino "Vila de Marín" aproveitando a presenza do clubs no torneo alevín.
O equipo Infantil Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Alicia Álvarez e Carlos Rodríguez, participará en dito torneo xunto ao Marín Peixegalego e ao Estudiantes de Lugo, Agustinos de León, Escolas de Ourense e Canteiras Porriño.
..
O equipo do Seis do Nadal - Coia estará encadrado no grupo "B" xunto ao Canteiras Porriño e Estudiantes de Lugo. Os partidos que xogará o Seis do Nadal "B" na primeira fase son os seguintes:
11:00 h.: SEIS DO NADAL COIA - CANTEIRAS PORRIÑO
13:00 h.: ESTUDIANTES LUGO - SEIS DO NADAL COIA
Unha vez rematada a fase de grupos, os equipos de cada grupo clasificados no mesmo posto se enfrontarán para decidir o 1º e 2º posto, os primeiros clasificados de cada grupo, o 3º e 4º posto, os equipos clasificados na segunda posición de cada grupo, e o 5º e 6º posto, os terceiros clasificados.

