domingo, 23 de diciembre de 2012

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA ENTREGA TÓDOLOS ALIMENTOS RECOLLIDOS NA OPERACIÓN QUILO

(Xogadores/as, adestradores/as e familiares entregaron os alimentos recollidos na Operación Quilo organizada polo club)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia levou a cabo neste mes de decembro a súa particular "Operación Quilo", coa finalidade de que o baloncesto e a solidariedade se deran a man nestas datas tan sinaladas.

.

Os pasados días 17, 18 e 19 de decembro do 2012 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia recolleu en tódolos equipos federados e nas escolas deportivas tódolos alimentos que as familias, os xogadores/as e os escolares desexaron entregar.

.

Na tarde do pasado venres día 21 de decembro do 2012 unha representación de xogadores/as, adestradores/as e familiares do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia entregou tódolos alimentos recollidos na "Operación Quilo" no comedor social  "La Sal de la Tierra" situado na rúa Manuel de Castro.

.

Os obxectivos desta nova campaña solidaria que levou a cabo o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron por unha parte  a obtención de alimentos para poder entregar neste comedor social da cidade de Vigo, e por outra parte a sensibilización co problema da fame na propia sociedade na que vivimos.