(Pablo Tresandí co seu premio xunto ao seu equipo federado do club)
.
Esta tempada 2012/2013 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por sexto ano consecutivo a Sexta Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido aos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.
.
A postal gañadora do 6º Concurso de Postais de Nadal foi a postal presentada por Pablo Tresandí, xogador do equipo federado Benxamín Masculino "B" adestrado por Silvia Caíño e Sabela Astray.
.
A postal gañadora do concurso realizada por Pablo Tresandí é a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal está a felicitar as festas esta tempada 2012/2013 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.
.
Ademais o creador da postal gañadora do 6º Concurso de Postais de Nadal, postal elixida entre as máis de 100 postais participantes, recibiu como premio unha pelota de baloncesto durante unha das súas sesións de adestramento.