jueves, 15 de noviembre de 2012

ABERTA A INSCRICIÓN PARA A NOVA ACCIÓN DA "AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR GALEGO"

 

O técnico axudante do Blusens Monbus, Gonzalo Rodríguez Palmeiro, será o protagonista da segunda charla da "Aula Formativa do Adestrador Galego de Baloncesto" que se celebrará na localidade de Laracha, e para a cal xa está aberto o prazo de inscrición.

.

Gonzalo Rodríguez, adestrador axudante do Blusens Monbus, será o encargado de impartir o segundo curso de formación dentro do ciclo "Aula Formativa do Adestrador Galego", actividade que se celebrará o vindeiro domingo día 25 de novembro do 2012 ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Laracha.

.

Coa "Técnica Individual: detalles de ataque e defensa" como centro temático, o técnico do equipo da capital galega será o segundo relator destes cursos formativos organizados pola Federación Galega de Baloncesto en total colaboración co Obradoiro C.A.B.

 

Inscrición

 

A sesión impartirase o vindeiro domingo día 25 de novembro do 2012 ás 18:00 horas no salón de actos do Pavillón Municipal de Laracha, situado na Estrada Cemiterio Novo. O acceso á mesma é libre e unicamente será necesario comunicar a asistencia enviando á dirección adestradores@fegaba.com un e-mail indicando no asunto o nome do curso seguido do nome do asistente e e-mail.

 

A presenza nesta activdade poderá validarse por tres horas de formación práctica para todos aqueles alumnos e alumnas dos Cursos de Adestradores de Nivel I e Nivel II.