O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente na inauguración da fachada do Nadal 2012 de El Corte Inglés que tivo lugar o pasado venres 23 de novembro do 2012 cun cartel completo de actividades para presenciar a chegada do Nadal.
.
Unha vez inaugurada a fachada do Nadal 2012 chegou a neve a El Corte Inglés de Vigo. A partir dese momento celebrouse a chegada do Nadal cunha gran festa con música, moito baile, coreografías e moita diversión, na que participaron un elevado número de xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.