viernes, 5 de octubre de 2012

O BALONCESTO ESCOLAR DO CURSO 2012/2013 BOTOU A ANDAR NO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

(Comeza o baloncesto escolar no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia iniciou o pasado luns día 1 de outubro do 2012 o curso 2012/2013 nas Escolas Deportivas de Baloncesto. Un total de 11 escolas deportivas iniciarán esta semana os seus adestramentos de baloncesto das mans de técnicos e monitores da entidade de Coia.

.

Ás escolas de baloncesto dos centros educativos CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat, CEIP Doutor Fléming e Colexio Don Bosco; e ás escolas deportivas municipais de Balaídos, Berbés e Navia; se lle sumará a escola deportiva do CEIP Sárdoma-Moledo, nova escola do club para o presente curso 2012/2013.

.

Con máis de 300 escolares inscritos nas Escolas Deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia botou a andar o novo curso 2012/2013. Con oito meses aínda por diante, de outubro a maio, tódolos nenos/as inscritos adestrarán, progresarán e disfrutarán co deporte da canastra.

.

(Alumnos/as de 4º de Educación Primaria do CEP Celso E. Ferreiro)

.

Para iniciar este novo curso escolar os alumnos e alumnas do CEP Celso Emilio Ferreiro de Coia recibiron a visita do Club Baloncesto Seis do Nadal. A través dun torneo interclases, membros da entidade achegaron o baloncesto e presentaron a escola deportiva do centro a tódolos alumnos e alumnas dos cursos: terceiro, cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria.

.

(Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria na promoción da Escola)

.

Preto de 200 nenos e nenas do CEP Celso Emilio Ferreiro participaron nos torneos interclases de promoción organizados polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, iniciativa que achegou o baloncesto aos alumnos do centro vigués e deu a coñecer a escola deportiva do centro que se desenvolve os luns e martes de 16:00 a 17:00 horas.

 

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia informa que en tódalas Escolas Deportivas de Baloncesto do presente curso escolar 2012/2013 existe unha inscrición permanente, polo que calquera neno e nena que o desexe aínda pode apuntarse.

.

Máis fotos da visita ao CEP Celso Emilio Ferreiro

.