martes, 18 de septiembre de 2012

OS EQUIPOS ALEVÍNS "A" DO CLUB PARTICIPARON NO III TORNEO "BÁSQUET NA RÚA" DE O PORRIÑO


.

(Os equpios Alevín Masculino "A" e o Alevín Feminino "A" durante o torneo)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou no III Torneo Alevín "Básket na Rúa" organizado polo Porriño Baloncesto Base o pasado sábado día 15 de setembro do 2012. O III Torneo Alevín "Básket na Rúa" estivo incluído no programa deportivo do Concello do Porriño para as Festas do Cristo 2012 e está inspirado nas anteriores edicións do Torneo Benxamín "Básket na Rúa" e nas dúas primeiras edicións de categoría alevín celebradas as pasadas tempadas.

.

Os equipos do club que participaron no torneo foron o Alevín Masculino "A", adestrado por Diego Montenegro e Aldara Martínez; e o conxunto Alevín Feminino "A", que xogará o torneo dirixido por Beatriz Vaquero.

-.

A Praza do Concello e a Praza do Cristo da vila porriñesa
foron o escenario, a partir das 10:00 horas, desta terceira edición do Torneo Alevín do Porriño Baloncesto Base no que participaron 12 equipos de categoría alevín divididos en grupos de tres conxuntos.

-.

O equipo Alevín Masculino "A" xogou no Grupo B xunto ao Canteiras Masculino "B" e o Maristas Masculino. O conxunto feminino de segundo ano, Alevín Feminino "A", competiu no Grupo C xunto a Canteiras Feminino "B" e Baiona Feminino.

-.

O calendario de xogo e resultados do III Torneo Alevín "Básket na Rúa" organizado polo Porriño Baloncesto Base foi:

-.

-.

Torneos Triangulares Infantil, Cadete e Júnior

-.

(Os equpios Infantil Masculino "A" e o Cadete Masculino "A" no Triangular)

-.

Os equipos Infantil Masculino "A", Cadete Masculino "A" e Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia participaron nos Torneos Triangulares que se celebraron en O Porriño o pasado mércores día 12 de setembro do 2012, dentro tamén do programa deportivo das Festas do Cristo.

 

Nos tres triangulares disputados no polideportivo de O Porriño participaron os combinados dos clubs Seis do Nadal - Coia, Porriño Baloncesto Base e Estudiantes de Lugo.