domingo, 16 de septiembre de 2012

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB SERÁ ADESTRADO POR DIEGO MONTENEGRO E ALDARA MARTÍNEZ

.

O equipo Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da presente tempada 2012/2013 estará adestrado por Diego Montenegro, adestrador que cumprirá a súa quinta campaña formando parte do corpo técnico da entidade, e Aldara Martínez, que cumprirá o seu segundo curso deportivo no club.

.

Diego Montenegro adestrará ao equipo Alevín Masculino "A" do club, ao mesmo tempo que realiza funcións de adestrador axudante no equipo Infantil Masculino "A", conxunto que milita na Liga 1ª División Infantil Masculina 2012/13. Ademais tamén defenderá a camiseta do Seis do Nadal Coia como xogador, formando parte do equipo Sénior Masculino "B".

.

Xunto ao técnico Diego Montenegro, e despois da experiencia na pasada tempada 2011/2012 no Alevín Masculino "B", estará Aldara Martínez, monitora que desenvolverá as funcións de adestradora axudante no equipo de categoría minibásquet.

.

O conxunto estará composto por xogadores de categoría alevín de segundo ano nados no ano 2001, xogadores que a tempada pasada 2011/2012 formaban parte do Alevín Masculino "B" da entidade e que na presente campaña viviran o seu segundo, e último, curso como xogadores alevíns.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O grupo Alevín Masculino "A" comezará os adestramentos de pretempada o próximo martes día 18 de setembro ás 18:00 horas no Colexio Illas Cíes en Coia.