lunes, 3 de septiembre de 2012

JOSE LUIS LORENZO, NOVO TÉCNICO DO SEIS DO NADAL, DIRIXIRÁ AO EQUIPO SÉNIOR MASCULINO "B"

.

O conxunto Sénior Masculino "B" estará adestrado e dirixido por José Luis Lorenzo, adestrador que se incorpora ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia nesta nova tempada 2012/2013.

.

Jose Luis Lorenzo, diplomado en Educación Física, adestrou na súa traxectoria como técnico ao San José de la Guía e ao Castro San Miguel entre outras entidades da cidade de Vigo ademais de ser colaborador e adestrador axudante no club Real Canoe de Madrid.

.

O equipo Sénior Masculino "B" competirá nesta nova tempada 2012/2013 na Liga 3ª División Sénior Masculina, despois de conseguir manter a praza na pasada tempada 2011/2012. A competición estará composta, un ano máis, por 60 conxuntos que se dividirán en 6 grupos de 10 conxuntos, distribuídos por proximidade xeográfica.

.

O grupo adestrado e dirixido por Jose Luis Lorenzo, debutará na competición a fin de semana dos días 6 e 7 de outubro, sorteándose o calendario de xogo da primeira fase o luns día 24 de setembro do 2012.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O conxunto Sénior Masculino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns 27 de agosto ás 20:30 horas no Colexio Seis do Nadal.