viernes, 3 de agosto de 2012

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA INSCRIBIUSE NA LIGA 2ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA 2012/2013

.

O pasado luns día 30 de xullo do 2012 ás 13:00 horas da mañá rematou o prazo de inscrición para a Liga 2ª División Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará e competirá unha tempada máis na Liga Segunda División Sénior Masculina, cumprindo a súa cuarta campaña na competición e despois de proclamarse equipo subcampión a tempada pasada 2011/2012.

 

Os equipos que competirán na Liga 2ª División xunto ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia serán:

.

C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo)

Culleredo (Culleredo)

Emparesa Narón (Narón)

C.B. Vigo A.M. (Vigo)

C.B. Baiona (Baiona)

C.B. Allariz (Allariz)

M.G.R. Val de Lemos (Val de Lemos)

Viniequip BBC (Vilagarcía)

C.B. O Meco (O Grove)

Vinacoteca Lembranza Liceo Casino (Vilagarcía)

Arteixo Basquetgalicia.com (Arteixo)

C.B. Celtas (Foz)

U.R.E.C.A. (Nigrán)

Obradoiro (Santiago de Compostela)

C.B. Cluny (Santiago de Compostela)

Carferlo Viveiro (Viveiro)

Recimil (Ferrol)

C.B. Atocha (A Coruña)

Instituto Rosalía Castro (Santiago)

 

A Federacíon Galega de Baloncesto formalizou a inscrición dos 19 conxuntos mencionados e abriu un prazo de solicitude das 5 vacantes. O vindeiro día 9 de agosto ás 13:00 horas finalizará o prazo de solicitude polo que se coñecerán os novos equipos que completarán a Liga 2ª División Sénior Masculina da tempada 2012/2013.