miércoles, 23 de mayo de 2012

O SÉNIOR MASCULINO "B" BUSCARÁ CONFIRMAR A PERMANENCIA NA LIGA 3ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA

(O Sénior Masculino "B" do Seis do Nadal - Coia da Liga 3ª División)

..

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

..

SERGA B. PORTONOVO (Sanxenxo)

 

O equipo Sénior Masculino "B", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez, disputará esta fin de semana a súa última xornada da Fase de Descenso da Liga 3ª División Sénior Masculina da presente tempada.

.

Despois de tres partidos disputados da Fase de Descenso o Seis do Nadal - Coia suma dúas vitorias e unha soa derrota. O último partido disputado no polideportivo de Navia ante o CB Restaurante Baño María rematou con vitoria pola mínima para o Seis do Nadal - Coia (61-62).

.

(Xogador do Sénior Masculino Zonal nun dos partidos da tempada)

 

Na última xornada da fase o noso conxunto se enfrontará ao Serga B. Portonovo (Sanxenxo) o próximo sábado día 26 de maio do 2012 ás 20:00 horas na pista do Colexio Seis do Nadal. Unha nova vitoria podería confirmar a permanencia do combinado na Liga 3ª División Sénior Masculina unha tempada máis.

..

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia fai un chamamento a toda a "familia seisnadalista" para apoiar ao Sénior Masculino "B" neste último partido da Fase de Descenso que se disputará na pista do Colexio Seis do Nadal e que pode supor a permanencia na categoría.

..

Agardámosvos a xogadores/as, técnicos/as, pais, nais, familiares e amigos/as, o próximo sábado día 26 de maio ás 20:00 horas en Coia.