sábado, 5 de mayo de 2012

O SEIS DO NADAL - COIA CAMPIÓN MASCULINO DO 12º TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET

(O Básquet Coruña co trofeo de campión do 13º Torneo de Minibásquet)

.

O equipo Básquet Coruña proclamouse novo campión na xornada de categoría masculina do 13º Torneo Internacional de Minibásquet 2013 "30 Anos co Deporte Base", unha cita anual do Club Baloncesto Seis do Nadal coas categorías inferiores que se celebrou no Polideportivo Municipal de Navia o mércores 1 de maio do 2013.

.

Este Torneo de Minibásquet, un dos campionatos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que xa está a celebrar a súa décimo terceira edición, convoca ao mellor das canteiras de baloncesto da cidade de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, reunindo a máis de 400 deportistas e preto de 40 técnicos.

.

O pasado mércores 1 de maio xogouse a xornada de categoría masculina na que participaron 12 equipos: os dous conxuntos do Seis do Nadal, Canteiras Porriño, Pío XII (Santiago de Compostela), FC Porto (Portugal), Salesianos (Vigo), Básquet Coruña, C.B. Baiona (Vigo), Marín Peixegalego (Marín), BBC (Vilagarcía de Arousa), Eduardo Blanco Amor (Ourense) e Liceo Casino (Vilagarcía
de Arousa).

.

As semifinais masculinas enfrontaron ao Seis do Nadal "A" e ao Salesianos Vigo, e ao Pío XII e Básquet Coruña; combinados que lideraron os seus grupos na fase previa de clasificación disputada durante a mañá. O equipo do Seis do Nadal "A" chegou á final despois de conseguir a vitoria pola mínima (52-51) nos últimos segundos do encontro ante o combinado do Salesianos Vigo. Na outra semifinal venceu o Básquet Coruña despois de estar por diante no marcador ao longo de todo o partido.

 

A gran final do torneo enfrontou ao Seis do Nadal "A" a ao Básquet Coruña, nun partido no que o equipo de A Coruña estivo por diante no marcador en todo momento chegando ao 49-79 final que convertía ao Básquet Coruña no novo campión da categoría masculina do campionato.

.

(O equipo anfitrión, Seis do Nadal "A", subcampión da categoría masculina)

.

O partido polo terceiro e cuarto posto enfrontou ao Salesianos Vigo e ao Pío XII, partido que precisou dun período extra para definir o terceiro clasificado do torneo despois de rematar o sexto período cun 53-53 no marcador. No período extra o Pío XII
encaixou un parcial de 0-12 que lle concedía a terceira posición. O Porriño Baloncesto Base rebatoulle a quinta posición ao BBC nun igualado partido que rematou cun 59-57 no marcador.

.

(O santiagués Pío XII, terceiro clasificado do Torneo de Minibásquet 2013)

.

Na clausura da xornada masculina do 13º Torneo Internacional de Minibásquet 2013 estiveron alí presentes Francisco Martín, Presidente da Federación Galega de Baloncesto; José Luis Pérez, Director Executivo da Delegación Viguesa de Baloncesto; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Francisca García, Julio Rodríguez e Antonio Iglesias; membros da Xunta Directiva da entidade; Aalí Mohamed, Presidente de Honra do club vigués; Sergio González, Director Deportivo do Seis do Nadal - Coia; Manuel Dapena, Director do Colexio Celso Emilio Ferreiro; Juan Yáñez, en representación de Decomar; Chon, en representación de Fuikaomar; e Rubén Zabaleta, Director Técnico do Comité Vigués de Árbitros.